A Conselleira da Área de Institucional participa en Valencia nunhas xornadas sobre corrupción pública

A Conselleira da Área de Institucional participou, xunto con representantes dos organismos antifraude da Comunidade Valenciana, de Cataluña e do Concello de Madrid, nas xornadas “Corrupción Pública: a resposta do dereito” celebradas na Universidade de Valencia os días 8 e 9 de febreiro.

Nas devanditas xornadas debateuse, entre outros asuntos, sobre a importancia da loita contra a corrupción desde o seu aspecto preventivo, onde o Consello de Contas de Galicia foi pioneiro entre as distintas Institucións de Control Externo, asumindo esta función de prevención desde 2015.