A Conselleira da Área de Institucional clausurou o primeiro curso superior sobre “A fiscalización e a nova lei de contratos”

A Conselleira da Área de Institucional, Beatriz Rodríguez Fraga, clausurouo onte o primeiro curso superior sobre “A fiscalización e a nova lei de contratos”. No acto de clausura estivo acompañada por José María Gimeno Feliu, catedrático de dereito administrativo da Universidade de Zaragoza, e un gran experto en contratación pública.

O curso tivo por obxecto a análise das principais novidades introducidas pola lei propiciando o debate ao redor daqueles aspectos máis innovadores desde o punto de vista xurídico e da xestión pública, e as súas repercusións na no ámbito da fiscalización.