Conferencia de Presidentes de ASOCEX

O Conselleiro Maior reuniuse o pasado mércores por vídeo conferencia co resto de membros da Conferencia de Presidentes de ASOCEX, ao obxecto de seguir profundando na súa colaboración.

Na reunión aprobáronse as contas da asociación de 2019 e o orzamento para o ano 2020. Así mesmo, deuse luz verde ao convenio co Instituto de Estudos Fiscais, o Tribunal de Contas e o Instituto Nacional de Administración Pública para a formación dos técnicos en avaliación de políticas e programas públicos.

Tamén ratificaron o acordo de concesión do premio de revístaa Auditoría Pública, que cumpre 25 anos desde a súa creación na primavera de 1995. Os responsables dos órganos autonómicos de control externo teñen previsto reunirse o vindeiro 1 de xuño coa presidenta do Tribunal de Contas, María José de la Fuente, para reflexionar sobre o control dos fondos públicos tras a pandemia da covid-19.