Conferencia de Presidentes de ASOCEX

O Conselleiro Maior acudiu onte á Conferencia de Presidentes de ASOCEX, que se reuniu en Zaragoza, baixo a presidencia de turno da Cámara de Cuentas de Aragón.

Entre outros asuntos, aprobouse a posta en marcha dun convenio de formación co Instituto de Estudos Fiscais (IEF) e co Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) para o desenvolvemento do curso “Avaliación de políticas e programas públicos”, no que tamén participa o Tribunal de Cuentas.

O obxectivo desta iniciativa é formar ao persoal de auditoría das institucións de control externo nas últimas técnicas para avaliar a eficacia e eficiencia dos programas e das políticas públicas.

Así mesmo, abordáronse outros aspectos relacionados co avance no acceso ás plataformas e bases de datos de contratación do sector público para facilitar a súa fiscalización.

A Conferencia de Presidentes de ASOCEX permite visualizar a cooperación e coordinación dos órganos de control externo autonómicos. Estas institucións comparten obxectivos e técnicas de fiscalización co fin de mellorar continuamente no traballo da auditoría pública, evitando duplicidades e contribuíndo a conformar un modelo homoxéneo de fiscalización das distintas administracións e entidades que integran o sector público.