Conferencia de Presidentes de ASOCEX

O Conselleiro Maior acudiu onte á Conferencia de Presidentes de ASOCEX, que se reuniu en Madrid, na sede da Cámara de Cuentas, baixo a presidencia de turno da Cámara de Cuentas de Aragón.

Entre outros asuntos, aprobáronse novas Guías prácticas de fiscalización e tratouse a posta en marcha dun proxecto formativo sobre Avaliación de Políticas Públicas, destinado a Institucións de Control Externo.

Ademais, presentáronse os avances doutros proxectos comúns, como a elaboración dun vídeo corporativo de ASOCEX, que está en proceso de edición.

Os presidentes debateron sobre outros temas que se tratarán na reunión de hoxe coa presidenta do Tribunal de Cuentas, nunha sesión de coordinación.

A Conferencia de Presidentes dos Órganos Autonómicos de Control Externo, cunha década de traxectoria, constituíuse como Asociación con personalidade xurídica propia en xuño de 2015, estando formada por 12 membros, co obxectivo de impulsar a cooperación e coordinación entre os mesmos. ASOCEX contribúe ademais a mellorar a transparencia e a exercer un control máis eficaz sobre as finanzas públicas.