Concesión do “I Premio Carlos G. Otero Díaz”

Por acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia, do 23 de setembro de 2020, creouse o Premio Carlos G. Otero Díaz para promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións públicas e aprobáronse as súas bases reguladoras (DOG núm. 215, do 12 de novembro de 2019).

Por acordo do mesmo órgano, do 6 de marzo de 2020, convocouse o I Premio Carlos G. Otero Díaz e designouse o xurado (DOG núm. 80, do 27 de abril de 2020).

Valorados os traballos presentados, o xurado emitiu a súa decisión o día 26 de novembro de 2020 e elevou a súa proposta ao Pleno que adoptou o acordo, o 22 de decembro de 2020, de conceder un accésit a José Antonio Fernandez Ajenjo.

O acordo publicouse o pasado venres no Diario Oficial de Galicia.

Ligazón ao acordo publicado no DOG.