Vostede está aquí

Comité de Ética

O Comité de Ética do Consello de Contas de Galicia é un órgano creado no marco do Código ético institucional para a supervisión do cumprimento deste código e para a resolución das consultas e dos incumprimentos que se puidesen detectar no seo da Institución.

O Comité estará integrado polos seguintes membros: dous conselleiros ou conselleiras designados polo Pleno do Consello por un período de catro anos, un dos cales exercerá a presidencia; a persoa que exerza a presidencia da Comisión Técnica de Prevención da Corrupción do Consello de Contas; dúas persoas de experiencia, competencia e prestixio profesional contrastado en materias relacionadas coa ética, o dereito ou a gobernanza de organizacións tanto do sector público como do privado, que serán designadas polo Pleno do Consello de Contas polo mesmo período de catro anos.

Calquera empregado do Consello ou calquera outra persoa poderá solicitar consultas sobre a aplicación do Código ético e sobre o funcionamento da canle de queixas e denuncias na dirección electrónica comiteetica@ccontasgalicia.es