Aprobación das bases reguladoras do “Premio Carlos G. Otero Díaz”.

O Consello de Contas de Galicia, como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción, ten grande interese en promover a investigación en materias relacionadas con esta competencia.

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público como son os premios de investigación.

Con tal finalidade, o 23 de setembro, o Pleno da Institución aprobou as bases reguladoras do “Premio Carlos G. Otero Díaz” que foron obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia o pasado martes.