Apertura da rendición da conta xeral das entidades locais correspondente ao exercicio 2017

De conformidade coa lexislación aplicable, o próximo mes outubro vence o prazo de rendición das contas xerais das entidades locais correspondentes ao exercicio 2017.

Desde o 17 de maio, as entidades locais poden efectuar a rendición da conta correspondente ao exercicio 2017  a través da “Área privada” da Plataforma de Rendición de Contas das Entidades Locais, accesible dende a web do Consello de Contas www.ccontasgalicia.es.

A rendición da Conta Xeral deste exercicio incorpora as seguintes novidades:

1.     Novas validacións que  afectan as contas anuais das sociedades mercantís e aos importes correspondentes ao exercicio anterior que, de acordo coas Instrucións de Contabilidade para a Administración Local, inclúense nas contas anuais das entidades locais.

2.     Validacións sobre os puntos 26 e 27 da memoria do modelo normal, que comproban a información sobre o custo das actividades e os indicadores de xestión nas contas das entidades locais obrigadas a cumprimentar estes puntos.

3.     Incorporouse a obrigación de remitir, en formato PDF, un certificado indicando a sesión do Pleno no que se produciu a aprobación da Conta Xeral ou, no caso de que non se aprobara, a sesión do Pleno na que tivo lugar a súa presentación, explicando os motivos que deron lugar á súa non aprobación. Non poderá realizarse o envío da Conta Xeral sen achegar este certificado.

A relación destas novas validacións pode consultarse na Área privada” da Plataforma de Rendición de Contas das Entidades Locais