Vostede está aquí

Altos cargos

 

CONSELLEIRO MAIOR

José Antonio Redondo López

Área de Coordinación Xeral

 

 

Lugo, 7 de xullo de 1951.

Catedrático de Economía Financeira da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dende 1987.

Investigador Asistente da Universidade de California San Diego (USCD) curso 1979/1980.

Doutor en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) (Cualificación Sobresaínte “Cum Laude” e Premio Extraordinario de Doutorado).

Académico numerario da “Real Academia de Ciencias Económicas y Financeiras de España”. Membro da Academia.

 

 

CONSELLEIRA

María Begoña Villaverde Gómez

Área de Corporacións Locais

 

 

Ames ( A Coruña) 1973.

Doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora Contratada Doutora de Dereito Financeiro e Tributario da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), acreditada como profesora titular de universidade pola ANECA.  Ten ocupado outros postos docentes na USC, na UNED e na UNIR. É especialista en fiscalidade local, tributación internacional dos traballadores e en dereitos e garantías dos contribuíntes.

 

 

CONSELLEIRA

Ana Mª Otero López

Área do Sergas

 

 

Benavente (Zamora), 1967.

Licenciada en Dereito e en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Pontificia Comillas (ICADE).

Funcionaria do Corpo Superior de Inspectores de Facenda do Estado desde 1992; ocupou diversos postos na Delegación da AEAT de Pontevedra. Desde outubro de 2006 ata xullo de 2014 foi inspectora coordinadora da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia – sede Pontevedra.

En xullo de 2014 tomou posesión como conselleira electiva do Consello Consultivo de Galicia, cargo que ocupou ata a súa toma de posesión no Consello de Contas de Galicia en setembro de 2015.

 

 

 

CONSELLEIRA

Beatriz Rodríguez Fraga

Área Institucional

 

 

Ferrol (A Coruña) 1963

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela.

Funcionaria de carreira do Corpo Superior da Administración Xeral da Xunta de Galicia dende xaneiro de 1993.

Os postos mais relevantes que ten desempeñado na administración son os de Vicesecretaria Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza; Subdirectora de Recursos Humanos e Coordinación administrativa na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos; Letrada asesora na Xunta de Galicia, na Universidad da Coruña e no Consello Consultivo, e Xefa do departamento de axudas da Axencia Galega de Innovación.

Dende o 9 de marzo de 2016 é Conselleira do Consello de Contas de Galicia responsable da Área Institucional.

 

CONSELLEIRO

Constantino Carreiras Souto

Área de Conta Xeral

 

 

Vilalba (Lugo) 1961.

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago.

Economista-Auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC).

Funcionario de carreira do corpo superior da Administración Autonómica de Galicia.

Auditor do Consello de Contas de Galicia.