Acordo do Pleno de inicio dos traballos

Proposta de elaboración do plan de prevención de riscos da corrupción do Consello de Conta (Acordo do Pleno adoptado na sesión do 11 de novembro de 2018).

Vista a proposta do conselleiro maior da data 31 de outubro de 2018 e tras as oportunas deliberacións, nas que intervén todos os conselleiros e conselleiras, o Pleno do Consello de Contas, ao abeiro do artigo 5.2 i) do Regulamento de réxime interior, acorda por unanimidade:

“1. Ordenar o inicio dos traballos de elaboración do Plan de prevención de riscos da corrupción do Consello de Contas.

2. Designar como coordinador dos traballos ao conselleiro da Área de Conta Xeral, que actuará asistido polo presidente da Comisión Técnica de Prevención da Corrupción e pola responsable da Unidade de Prevención da

3. Definir como ámbito de actuación á totalidade da Institución.

4. Dispoñer que a realización da avaliación de riscos se realice de acordo coa metodoloxía recollida no documento técnico “Metodoloxía para a administración de riscos”, elaborado pola Comisión Técnica de Prevención da Corrupción.”