Remisión de informes de fiscalización ao Parlamento de Galicia

O Consello de Contas remitiu hoxe ao Parlamento de Galicia a súa memoria e as súas contas correspondentes ao ano 2019 e os seguintes informes que se atopan na páxina web da Institución:
Informes de fiscalización
 
 
Informes xerais:
  • Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2018, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación 
  • Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2018
  • Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2018
  • Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2018 
  • Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2018
  • Informe de fiscalización do FCI, exercicio 2018
Informes específicos:
  • Informe de fiscalización selectiva das fundacións do Sector Público Autonómico
  • Informe de seguimento da fiscalización do endebedamento autonómico. Exercicios 2013-2017
  • Informe de fiscalización dos gastos en bens correntes e servizos na Administración Xeral da Comunidade Autónoma. Exercicio 2017
  • Informe de fiscalización do Plan de Asistencia ao Ictus. Exercicios 2017-2018
  • Informe de fiscalización da rendición da Conta Xeral das entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
  • Informe de fiscalización dos recoñecementos extraxudiciais de crédito aprobados polas entidades locais de Galicia. Exercicio 2018
  • Informe de fiscalización selectiva do Concello de Carballo. Exercicios 2013-2017
  • Informe de fiscalización selectiva do Concello de Porriño. Exercicios 2017-2018
  • Informe de fiscalización selectiva da entidade local menor de Bembrive. Exercicio 2015
  • Informe de seguimento de recomendacións das entidades locais de Galicia. Exercicio 2019
A esta remisión engádese a realizada o 20 de decembro de 2019 do Informe de fiscalización sobre a actuación das entidades locais de Galicia de máis de  10.000 habitantes en materia medioambiental, exercicios 2017-2018.
 
Informes e actuacións en materia de prevención da corrupción:
 
 
  • Informe de sobre a avaliación da transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma Galega
A esta remisión engádese a realizada o 20 de decembro de 2019 do Diagnóstico dos sistemas de control interno e estratexia de prevención de riscos da corrupción na Administración Xeral, exercicio 2018.
Memoria de actividades 2019
A memoria de actividades inclúe información sobre a actividade de fiscalización, de prevención da corrupción e consultiva, e recolle a información estatística sobre o seguimento das recomendacións efectuadas ao Sector público autonómico e local.
Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade Autónoma 2018
O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma contén a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas, declarando que dita conta reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2018, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.
Rendición das entidades locais
A data de peche do informe (marzo 2020) do total de entidades locais de Galicia, o 94,46% remitiron as súas contas referidas a 2018 ao Consello de Contas, considerándose rendidas sen defectos o 91,68%. Das contas rendidas, as correspondentes a 107 entidades foron remitidas fóra de prazo (29,67%).
Cabe destacar que os ingresos e gastos por habitante do conxunto dos concellos galegos representan, respectivamente, o 78,80% e o 78,96% da media española.
Toda a información relativa á rendición de contas está dispoñible na web do Consello de Contas, na que se poñen a disposición dos usuarios a utilización de distintos filtros.
Informes específicos
Cabe destacar a remisión do segundo informe en materia de prevención da corrupción que aborda un estudo sobre a transparencia na actividade contractual das entidades instrumentais da Comunidade Autónoma.